BIBLIOTECA MUNICIPAL: E ti… coñeces xa a nosa nova Biblioteca?

  E ti… coñeces xa a nosa nova Biblioteca? Non se trata só dunha instalación chea de libros; é un lugar onde nacen ideas, onde se constrúen soños, onde se desenvolven as mentes que transformarán o mañá. Axúdanos a converter este espazo nun faro de luz que guiará a xeracións cara a un horizonte cheo de aprendizaxe, creatividade e crecemento. DÍAS: De luns a venres…

PRESENTACIÓN LITERARIA: “A toponimia dos Celtas Brigantinos e doutros pobos da Gallaecia”

  Este vindeiro xoves, 6 de marzo, na Biblioteca Municipal de Coristanco, contaremos coa presentación da obra “A toponimia dos Celtas Brigantinos e doutros pobos da Gallaecia” da man do propio autor, Fernando Cabeza Quiles; investigador, divulgador e referente internacional neste eido. Baixo o selo Espiral Maior, tamén participarán nesta tertulia de presentación os escritores Xosé Antonio Andrade e Miguel Anxo Fernán Vello co propósito…

ENTROIDO 2025

  Comprácenos convidarvos a vivir a maxia do Entroido, unha das nosas festividades máis emblemáticas, onde as tradicións, a música e a diversión se mesturan nunha explosión de cor e alegría. 📅 Data: 7 de marzo de 2025 🕒 Hora: 16.30h 📍 Lugar: Polideportivo Municipal de Coristanco Achegádevos a gozar dos bailes, os disfraces tradicionais, as diferentes actuacións musicais e moito máis! Ademais, non vos…

EXCURSIÓN A RIOJA PARA MAIORES DE 55 ANOS, XUBILADOS OU PENSIONISTAS

  Co propósito de ofrecer ao colectivo das persoas maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas empadroadas no termo municipal, o Concello de Coristanco oferta unha alternativa de ocio cultural para o aproveitamento do seu tempo de lecer, favorecer o envellecemento activo e fomentar as relacións sociais entre os veciños/as dese grupo de idade coa EXCURSIÓN A RIOJA. Algún dos puntos que visitaresmos son: Laguardia,…

NADAL 2024: Visita do Apalpador

  Con motivo das celebracións do Nadal, organizamos unha actividade especial para os alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio: a visita do Apalpador, figura tradicional do Nadal galego, que acudirá a compartir cos nenos e nenas os costumes e tradicións máis entrañables da nosa terra. Obxectivo da actividade: A través desta visita, queremos promover o coñecemento das tradicións galegas e, en particular, a…

XXVII CAMPIONATO GALEGO POMBAS DE RAZA

  Os afeccionados á columbicultura teñen esta fin de semana unha cita en Coristanco. Este sábado e domingo celébrase no pavillón municipal o XXVII Campionato Galego de Pombas de Raza, que inclúe unha exposición aberta a todo o público. A cita está organizada polo Club Asociación Columbicultura Bergantiños, con sede na Laracha, que conta coa colaboración do Concello de Coristanco, a Xunta de Galicia e…