Galicia Sabe aMar chega a Coristanco

GALICIA SABE aMAR chega a Coristanco! Praza do Concello Mércores 16 de xullo de 2025 A partir das 10:00 h O sabor do mar percorre Galicia… e fai parada en Coristanco! Achégate e descubre por que Galicia sabe amar… e Coristanco tamén!

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

  O Concello de Coristanco convoca unha reunión dirixida a asociacións culturais, ANPAS, entidades deportivas e deportistas individuais co gallo da próxima publicación das bases das subvencións municipais. Lugar: Biblioteca Municipal Data: venres, 4 de xullo de 2025 Hora: 20:30 h Falaremos sobre: Gastos subvencionables Documentación necesaria Prazos de presentación Xustificación da subvención A reunión está pensada especialmente para as persoas que ocupan cargos de…

Presentación do libro de Luis Ángel Bermúdez sobre Santa Eulalia de Castro

BIBLIOTECA: presentación do libro de Luis Ángel Bermúdez sobre Santa Eulalia de Castro

  A Biblioteca Municipal de Coristanco acolle o vindeiro venres 2 de Maio a presentación do libro de Luis Ángel Bermúdez sobre Santa Eulalia de Castro. A Biblioteca Municipal de Coristanco será o escenario este da presentación do libro Santa Eulalia de Castro: Historia dunha parroquia no corazón de Bergantiños, da autoría do investigador e divulgador Luis Ángel Bermúdez. O acto dará comezo ás 19.30h…

X CERTAME ARTÍSTICO LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO

  O Concello de Coristanco volve a poñer en marcha o xa X Certame Artístico-Literario de Asunción Antelo, coa finalidade de conmemorar a herdanza desta autora con gran sensibilidade e emoción poética, que escribía con liberdade, poemas nos que describía cos detalles máis minúsculos, pedaciños da súa vida. Pretendemos así seguir fomentando os valores literarios, promovendo a creación e a difusión cultural de Coristanco e…

IGUALDADE: “Tecendo recordos, transformando vivencias”

  O Concello de Coristanco pon en marcha, un ano máis, o proxecto “Tecendo recordos, transformando vivencias”. Dende a Área de Cultura do Concello presentamos unha nova edición desta proposta dirixida ás mulleres do municipio: un espazo de creación artística e expresión emocional, onde compartir experiencias, coidarse e tecer rede entre iguais. “Tecendo recordos, transformando vivencias” é un obradoiro creativo que combina arte, manualidades e…