Miles de persoas nunha das edicións máis multitudinarias da Festa da Pataca

  O tempo acompañou e Coristanco viviu unhas das edicións máis multitudinarias da Festa da Pataca. Milleiros de persoas pasaron ao longo do día pola localidade para participar nas actividades para todos os públicos que encheron de animación as rúas dende a mañá ata a tardiña. Un dos pratos fortes da Festa da Pataca, o certame de tractores engalanados, resultou de novo todo un éxito.…

O Concello prepara o programa de actividades culturais para o novo curso

  Despois do éxito acadado polo programa cultural desenvolvido durante o verán, no que participaron centos de veciños e veciñas de todas as idades, a Concellería de Cultura e Deportes de Coristanco está a traballar nas actividades que se levarán a cabo ao longo do curso que está a piques de comezar. Se durante os meses de xullo e agosto houbo marchas cicloturísticas, campamentos, talleres…

A gastronomía estará máis presente ca nunca na Festa da Pataca

Coristanco, 15 de setembro do 2014. A Festa da Pataca máis gastronómica está a piques de comezar. Mañá martes arrincará a Ruta dos Pinchos, “a gran novidade deste ano”, como a definiu a concelleira de Cultura, Clarisa Couto, no acto de presentación do programa celebrado hoxe pola mañá. O Concello de Coristanco confía plenamente no éxito da iniciativa, xa que conta co respaldo de toda…

O Concello de Coristanco premia o talento dos escolares do municipio

O edificio de servizos múltiples de Coristanco foi escenario onte dunha gran festa artística escolar. Alí celebrouse a entrega dos premios do certame das Letras Galegas que organiza o Concello e no que os pequenos puideron competir en cinc0921o categorías diferentes (debuxo, piano, monografía, poesía e narrativa). Foi outorgado un galardón por categoría, curso e centro participante (CRA Novo Mencer e colexios Bormoio, Canosa-Rus e…