Kedada BTT Coristanco o 19 de marzo

Chega a primavera e con ela o bo tempo para practicar deporte o aire libre, e para animar a facelo, a Concellaría de Xuventude e Deporte organiza unha Quedada BTT para toda a familia, onde poden participar nenos e adultos facendo un percorrido de aproximadamente 20 km por distintos camiños do concello. A actividade levarase a cabo o sábado 19 de marzo, con saída as…

O Apalpador xa anda pola zona!!!

O Apalpador xa anda pola zona!!! Grazas ao voluntariado de Senda Nova, á implicación dos colexios de Coristanco e á colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Turismo, por primeira vez, este personaxe do Nadal galego virá desde o Courel a Coristanco para pasar varios días entre nós. Mañá será recibido no colexio da Braña (A Canosa-Rus) a primeira hora da mañá, e despois no…

Charlas sobre internet e menores: vantaxes, riscos e pautas de actuación

O vindeiro martes día 1, no Edificio de Servizos Múltiples, terá lugar unha interesante charla sobre o uso de internet e menores, que organiza o CEIP da Braña (A Canosa-Rus) e que será impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Informática de Galiza e coa colaboración do Centro de Formación e Recursos da Coruña. O acto é aberto e de entrada libre para toda aquela…

Presentación do libro, Coristanco: As súas parroquias

As páxinas de Coristanco.As súas parroquias viaxan mañá ata á Agualada, onde o seu autor Evaristo Dominguez Rial leva case 25 anos de mestre, pasando polas súas aulas varias xeracións de persoas da Agualada, Ferreira, Cuns, Couso ou Castro. Un acto no que seguro haberá algunha sorpresa. Esperámosvos mañá ás 8 no local social da Agualada  

O Outono Cultural de Coristanco xa está en marcha con propostas para todos os gustos

Con música e monicreques comezou o Outono Cultural de Coristanco, un amplo e variado programa deseñado pola Concellaría de Cultura, Educación e Turismo, que dirixe Laura Mariño. Aínda que os nenos e nenas dos colexios do concello foron os destinatarios das primeiras actividades, o cartel inclúe propostas para todas as idades e para todos os gustos: artes escénicas para público infantil e xuvenil, con grupos…

A Festa da Pataca cumpre 35 anos cun programa cheo de actividades para tod@s

A Festa da Pataca celebra o seu 35º aniversario cun programa repleto de actividades para todos os públicos. A primeira, o vindeiro venres 11, vai dirixida aos máis pequen@s, que descubrirán que “O sabor da aventura está no mar” nun obradoiro gastronómico sobre consumo de peixe que se celebrará ás 16 horas no Edificio de Servizos Múltiples. Só un día despois arrincará a Semana dos…