Homenaxe institucional a Asunción Antelo no seu 96º aniversario

O vindeiro domingo terá lugar a merecidísima homenaxe institucional a Asunción Antelo, aproveitando a celebración do seu 96 aniversario. O acto, organizado pola Concellaría de Cultura, Educación e Turismo, comezará ás 5 da tarde coa inauguración dun mural conmemorativo na praza de Seavia realizado polo artista Miguel Anxo Calvo, “O Mighelo”, seguirá cun percorrido musicado ata Segufe e continuará na eira da casa-museo de Asunción…

Veciños de Coristanco viaxarán a La Guyonnière no verán do 2016

Despois dunha intensa fin de semana, os 26 veciños e veciñas de La Guyonnière que visitaron Coristanco emprenderon a viaxe de regreso, pero puxéronlle “deberes” ao goberno municipal que encabeza Antonio Pensado: a organización dunha viaxe de volta para o verán do 2016. As veciñas e os veciños de Coristanco recibirán cumprida información por parte da Concellería de Cultura, que segue a traballar en propostas…

Aberto o prazo de inscrición para o programa de envellecemento activo

Xa está aberto o prazo de inscrición para o programa de envellecemento activo promovido polo Concello de Coristanco para as veciñas e veciños maiores de 55 anos. Este ano as actividades están moi relacionadas coas técnicas e as habilidades manuais, xa que haberá un obradoiro de manualidades e outro de pintura e debuxo, que se desenvolverán ao longo dos meses de maio, xuño, setembro e…

O Entroido chega a Coristanco con actividades para nenos e maiores

Estamos xa na conta atrás para o Entroido de Coristanco, porque o vindeiro día 9 comezarán as actividades. A ludoteca municipal acollerá de luns a mércores obradoiros de disfraces, maquillaxe, máscaras e antifaces… Todo o preciso para que os máis pequenos vivan estas datas coa máxima intensidade. A ludoteca abrirá as súas portas de 15 a 20 horas, cinco horas do máis entretidas para os…

O Concello acomete importantes reformas nas escolas de Oca e Rabadeira

O Concello de Coristanco fixo no 2014 un importante esforzo para acometer con fondos propios unha serie de melloras nas escolas unitarias de Oca e Rabadeira. Segundo avanzou o alcalde, Antonio Pensado Plágaro, nos orzamentos deste ano, que pretende presentar ao pleno da corporación nas vindeiras semanas, está incluída unha partida que permitirá estender o plan de actuación a todas as parroquias para evitar o…