Os cursos de informática para adult@s comezarán o vindeiro día 21

Ata o día 15 está aberto o prazo de inscrición para os cursos de informática para adult@s organizados pola Concellería de Cultura, Educación e Turismo de Coristanco. As clases comezarán o día 21, e haberá quendas tanto de iniciación coma de mantemento. Os obradoiros de informática forman parte da oferta de actividades do Concello de Coristanco para este curso. As persoas que queiran participar poden…

Homenaxe institucional a Asunción Antelo no seu 96º aniversario

O vindeiro domingo terá lugar a merecidísima homenaxe institucional a Asunción Antelo, aproveitando a celebración do seu 96 aniversario. O acto, organizado pola Concellaría de Cultura, Educación e Turismo, comezará ás 5 da tarde coa inauguración dun mural conmemorativo na praza de Seavia realizado polo artista Miguel Anxo Calvo, “O Mighelo”, seguirá cun percorrido musicado ata Segufe e continuará na eira da casa-museo de Asunción…

Veciños de Coristanco viaxarán a La Guyonnière no verán do 2016

Despois dunha intensa fin de semana, os 26 veciños e veciñas de La Guyonnière que visitaron Coristanco emprenderon a viaxe de regreso, pero puxéronlle “deberes” ao goberno municipal que encabeza Antonio Pensado: a organización dunha viaxe de volta para o verán do 2016. As veciñas e os veciños de Coristanco recibirán cumprida información por parte da Concellería de Cultura, que segue a traballar en propostas…

Aberto o prazo de inscrición para o programa de envellecemento activo

Xa está aberto o prazo de inscrición para o programa de envellecemento activo promovido polo Concello de Coristanco para as veciñas e veciños maiores de 55 anos. Este ano as actividades están moi relacionadas coas técnicas e as habilidades manuais, xa que haberá un obradoiro de manualidades e outro de pintura e debuxo, que se desenvolverán ao longo dos meses de maio, xuño, setembro e…