Un agasallo moi especial… “A pataca de Coristanco resiste”!

    No día de onte recibimos un agasallo moi especial. As autoras locais Loli España e Isabel Soutullo visitaron a Casa Consistorial para darnos a grata sorpresa coa cesión de dúas das súas obras adicadas á pataca e a celebración que dende 1980 vimos a festexar. Aínda que este ano 2020, por mor da pandemia e a situación sanitaria, tivemos que postergar esta celebración;…

“A Costa das Mulleres” unha iniciativa impulsada pola Asociación GDR

Coincidindo coa celebración do Día da Muller do Rural, Coristanco anuncia a súa participación na iniciativa “A Costa das Mulleres”. Este proxecto busca a reflexión colectiva sobre o pasado, presente e futuro da muller na nosa comarca a través do testemuño e traxectoria dunhas protagonistas da vida da Costa da Morte. “Un percorrido polas vivencias das mulleres da Costa da Morte, os seus retos, as…

Conmemoración do “Día das Escritoras” e o “Día Mundial da muller do Rural”, homenaxe a Asunción Antelo

  Con motivo da conmemoración do “Día das Escritoras” e o “Día Mundial da muller do Rural”, o Concello de Coristanco promove a homenaxe a Asunción Antelo, co fin de recordar o legado cultural da autora e como recoñecemento a súa labor. Seleccionouse así un poema do seu libro “Páxinas da Rexubeira de Bergantiños” de título “Pra escribir este libro” acompañado dalgunhas imaxes que ilustran…

Magín Blanco co seu espectáculo “O que levamos nas maletas”

  O vindeiro venres 16 de outubro, ás 17h, no Edificio de Servizos Múltiples, visitáranos Magín Blanco co seu espectáculo “O que levamos nas maletas”. Trátase dun contacontos musicado que axudará aos nenos e nenas a estimular a súa creatividade. Esta actividade vai incluída no programa de dinamización da lectura Ler conta moito dirixido a Bibliotecas. Recorda que para acceder ao catálogo de actividades culturais…

“Monstros no camiño”

O pasado domingo puidemos desfrutar da actuación de Teatro dos Ghazafelhos co seu espectáculo “Monstros no camiño”, unha divertida comedia coa que puidemos coñecer a diferentes criaturas e monstros do imaxinario galego.