A Biblioteca Municipal promove a actividade “Agasállate un libro” a través da cal, aqueles usuarios que lles interese, poderán adquirir un dos libros expostos para tal fin.

A Biblioteca Municipal promove a actividade “Agasállate un libro” a través da cal, aqueles usuarios que lles interese, poderán adquirir un dos libros expostos para tal fin.
Presentamos San Paio, unha parroquia de interior de 771 habitantes. Foi capital municipal dende a fundación dos concellos ata mediados do século XX. Dispón do territorio menos accidentado e mellor comunicado do municipio. Nesta parroquia sitúase a Área Recreativa da Rocheira, localización escollida por moitos para uso e desfrute da natureza.
LATEXOS DE CORISTANCO | Hoxe damos os bos días dende o occidente do noso municipio. Como a súa toponimia indica, Agualada é corrente de auga encanada e un dos principais núcleos de poboación do concello. Aquí achades unha mostra do curso do río #Calvar ao paso polos muíños do #Outeiro e rematando nos resíos da Área Recreativa de #Agualada.
XOGA, SOCIALIZA E APRENDE| O Concello de Coristanco en colaboración con Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa inicia esta proposta de actividades de lecer dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos. ➡️Todas as actividades se adecuaran as recomendacións e medidas sanitarias axeitadas e actualizadas en cada momento e situación. ➡️Será preciso a preinscrición na Biblioteca Municipal — descarga o formulario…
O vindeiro 11 de abril é o Día Mundial do Parkinson e dende o Concello de Coristanco, para conmemorar este día, inaugurase a exposición de Carmen Méndez, nun viaxe interior que inmortaliza a realidade dunha persoa que padece esta enfermidade neurolóxica, crónica e neurodexenerativa. Carmen expoñerá os seus traballos a través dos cales reflexa a súa estratexia para soportar esta doenza. Xunto a cada…
Hoxe atopamonos percorrendo #Seavia, unha das parroquias máis amplias do municipio. En cada un dos recunchos que aquí se agochan podemos atopar fermosas paisaxes naturais moldeados a golpe de pedra e auga acompasados coa conxunción de historia, natureza e tradición. O Grupo Xuvenil de Íntegro en colaboración co Concello de Coristanco e integrado no programa de Iniciativa Xove “Coidemos o noso Entorno”, aló polo…