CONCURSO ESCAPARATISMO DE EXALTACIÓN DA PATACA 2021

  O Concello de Coristanco neste 2021 co obxecto de promover e apoiar ao comercio local e exaltar o noso produto por excelencia, pon en marcha unha iniciativa para mellorar a imaxe comercial dos establecementos e engalanar así o noso municipio nestas datas tan especiais. Premiaranse os escaparates mellor decorados en función de criterios artísticos, técnicos e comerciais, e valorarase a evocación de elementos identitarios…

DESPEDIMOS O VERÁN

  O vindeiro 4 de setembro, na Área Recreativa da Rocheira, vén a despedir o verán! ☀️PACO CEDEIRA, co seu espectáculo Rockeamos con Pakolas (19h) ☀️A GALIÑA TURULECA, cine ao aire libre (21.15h) PROTOCOLO COVID: ➡Será preciso a inscrición previa nas actividades a través da canle telefónica seguinte: ☎646 490 350 ➡A reserva de entrada realizarase por orde de inscrición ata completar aforo. ➡Imprescindible o…

CERTAME ARTÍSTICO LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO

  Alexandra, unha das gañadoras do CPI Alcalde Xosé Pichel na categoría de Debuxo, tivo a ben agasallarnos cunha das obras que máis emoción espertou na mostra do Certame de Asunción Antelo. Dende o Concello de Coristanco queremos agradecer este presente que localizaremos nun dos recunchos máis especiais da nosa Biblioteca. Grazas a Alexandra e a Carlos Fernández, director do centro, por facernos chegar este…

CAMPAMENTO Ó SON DO VERÁN | Listaxe definitiva

  Dáse publicidade listaxe definitiva e as quendas correspondentes de admitidos ao ”Campamento de verán do Concello de Coristanco do 2021” e a listaxe de renuncias a algunha das quendas solicitadas inicialmente no Campamento de verán 2021. Podes consultala na seguinte ligazón: https://sede.coristanco.gal/opencms/es/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20210604150004047.html Para máis información: ☎ 651 664 908 📧 biblioteca@coristanco.gal

CAMPAMENTO Ó SON DO VERÁN 2021 | Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

  Dáse publicidade á listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no Campamento de verán 2021 do Concello de Coristanco para promover a conciliación da vida familiar e laboral, así como a listaxe de agarda para realizar os chamamentos nos casos de renuncia dalgunha das persoas admitidas. VER LISTAXE 📍Dispoñen dun prazo de 📆 5 días laborais a contar dende mañá, para formular alegacións, confirmar…