“Monstros no camiño”

O pasado domingo puidemos desfrutar da actuación de Teatro dos Ghazafelhos co seu espectáculo “Monstros no camiño”, unha divertida comedia coa que puidemos coñecer a diferentes criaturas e monstros do imaxinario galego.

“A fraga do meu avó “

Onte, xoves 8 de outubro, tivemos a sorte de poder contar coas artistas Gloria Mosquera e Tomi López da compañía Mamá Cabra co espectáculo Patrimonio Natural, que deleitou coa súa música e esa infografía da fermosa fraga. “A fraga do meu avó ” está en Santa María de Vigo, en Cambre, e para que se coñeza a súa historia naceu este proxecto baseado no libro…

Monstros no camiño

O vindeiro domingo 11 de outubro, no Edificio de Servizos Múltiples, ás 12h poderemos desfrutar da nova proposta de Teatro Ghazafellos para o programa Falaredes. Monstros no camiño é unha divertida comedia para nenos e nenas de 4 anos en diante. Tres investigadores reúnense nun mesmo simposio onde convocarán, coa axuda dunha máquina da súa invención, aos monstros do imaxinario tradicional galego que pululan polo…

Xoves 8 de outubro: Gloria e Tomi de Mamá Cabra interpretarán temas do su último traballo “A fraga do meu avó”

  Este xoves 8 de outubro, no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco, poderemos desfrutar do concerto de Gloria Mosquera e Tomi López cantando para grandes e miúd@s temas do seu último traballo “A fraga do meu avó”. Nesta peza, Gloria e Tomi de Mamá Cabra interpretan unha escolla das cancións máis ecoloxistas do grupo. Para asistir a esta actividade será necesaria a previa inscrición…

“Apaña de patacas dos veciños de Oca”

  E finalmente pechamos esta pequena homenaxe da que foi protagonista a nosa ben querida Pataca, compartindo a última obra da artista local Isabel Soutullo titulada “Apaña de patacas dos veciños de Oca”. Agradecemos a Isabel e a todas aquelas persoas que decidiron compartir connosco o recordo da Festa da Pataca e fixeron posible esta iniciativa. Porque, como ben proclama o noso cancelo, a Pataca…

XOGO INFANTIL TURISTEANDO COS MIÚD@S

  Xa está dispoñible o xogo Turisteando cos miúdos, froito do proxecto realizado polo Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021. O obxectivo do mesmo é que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña para turistear en familia en calquera estación do ano. Para máis información ou calquera consulta: correo: biblioteca@coristanco.gal teléfono: 651.66.49.08