TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO (ERTE) MOTIVADOS POLO COVID-19: PREGUNTAS FRECUENTES

  A Xunta de Galicia responde ás preguntas máis frecuentes sobre a tramitación de expedientes de regulación de emprego (ERTE) por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivados polo COVID-19. Pódense consultar aquí Ademais, está activa a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas sobre esta materia: ☎️900 815 600☎️

☎ Teléfono social 900 400 800  ☎

  O actual teléfono do voluntariado 📞(900 400 800) 📞, dependente da Consellería de Política Social, refórzase tamén como un teléfono social, para proporcionar acompañamento e apoio aos cidadáns que o precisen, priorizando aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social. Os obxectivos deste teléfono son: • Resolver dúbidas básicas relacionadas co  🦠 COVID-19, tal e como vén facendo o teléfono do…

GOHU: Plataforma gratuita de novas dirixida a empresas e autónomos

  A Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da app Gohu, pon en marcha unha aplicación móbil dirixida a facilitar ás empresas e autónomos información de interese relacionada coas medidas que se están a adoptar desde a Xunta -especialmente no ámbito económico e laboral- con motivo do estado de alarma polo COVID-19. As persoas interesadas deberán: 1. Descargar a aplicación desde Google Play…

Galicia Le

  Debido ao peche das bibliotecas municipais, habilitouse a posibilidade de acceso a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, incluso para os cidadáns que non teñan carné na rede de bibliotecas públicas de Galicia. Para iso, os cidadáns que non teñen carné de biblioteca terán que acceder a GaliciaLe e dende aí rexistrarse na rede de bibliotecas públicas…

COVID-19 no SEPE

  Na páxina web do SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) podedes consultar as medidas adoptadas fronte ao COVID-19: http://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19.html