Hoxe o Concello de Coristanco en apoio a Agaela Galicia sumarase ao alumeado en verde da Casa Consistorial para conmemorar o Día Mundial da ELA en apoio a todos os afectados e as súas familas. #LuzporlaELA

Hoxe o Concello de Coristanco en apoio a Agaela Galicia sumarase ao alumeado en verde da Casa Consistorial para conmemorar o Día Mundial da ELA en apoio a todos os afectados e as súas familas. #LuzporlaELA
A piques está de comezar a actuación de OS XOGOS DO PAPORRUBIO a cargo de Luchi Iglesias, no CPI Alcalde Xosé Pichel, un compendio de xogos animados de temática agraria. A pretensión é facerlle accesible aos pequenos e pequenas, a través da diversión, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar. Trátase esta dunha actividade da Rede Cultural da Deputación da…
Damos peche a esta iniciativa que tan bos momentos nos deixou. Despedimos As Voces das Mulleres rodeados daquelas que deron testemuño das súas vidas: emigración, folclore, festexos, tradición… Tantas e tantas historias con voz de muller que rememoraremos como despedida desta actividade. Convidámosvos a todos/as os/as que queiran participar neste acto de recopilación e coloquio, debate e evocación de relatos das mulleres de Coristanco.…
Hoxe a tarde damos peche á Exposición de Pioneiras 2022 que abriu as súas portas o pasado 8 de marzo para conmemorar o labor de tres grandes Pioneiras do noso municipio: – Loli España – Trinidad Rodríguez – Lupe Blanco Hoxe, ata as 19h, no Edificio de Servizos Múltiples.
Este mes de setembro o noso municipio quere homenaxear o seu produto estrela, a pataca, cun completo programa para a exaltación de dito tubérculo. Gastronomía, música, poesía, cine, encontros literarios… Os interesados en asistir a calquera das propostas, deberán inscribirse: 📍 de forma presencial na Biblioteca Municipal 📍a través da canle telefónica 651 664 908 ou 665 294 194.
Este setembro queremos invitarte a coñecer as tres sendas recentemente recuperadas no noso municipio e poder así desfrutar da paisaxe. Seavia, Verdes e Oca son as parroquias nas que nos mergullaremos na procura dalgún dos recunchos máis fermosos da nosa contorna. Será precisa a previa inscrición na actividade na Biblioteca Municipal ou a través da canle telefónica ☎651 664 908. 📅DÍA: sábado 18 de…