Por motivo do coronavirus, a Consellería de Medio Rural, viuse obrigada a suspender estas xornadas técnicas, xa que os produtores da Bretaña Francesa que tiñan previsto acudir para explicar a súa forma de traballar decidiron cancelar a viaxe como prevención, atendendo as recomendacións da súa orixe. A Consellería de Medio Rural informará das novas datas destas xornadas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo o mércores un encontro de traballo co alcalde de Coristanco
A XUNTA E O CONCELLO DE CORISTANCO ANALIZAN O FUNCIONAMENTO DAS NOVAS LIÑAS DE TRANSPORTE PÚBLICO QUE PRESTAN SERVIZO NO MUNICIPIO A Consellería de Infraestruturas buscará fórmulas para adaptar os horarios dos novos servizos de transporte para facilitar a entrada e saída ao instituto duns 30 alumnos do concello A conselleira e o rexedor abordaron a colaboración entre a Xunta e o Concello para mellorar…
Obradoiro de cestería tradicional
O vindeiro venres día 21 de febreiro de 2020, ás 11:15 terá lugar un obradoiro de cestería tradicional impartido por Genaro Amarelle Mato no Edificio de Servizos Múltiples.

Xornada Técnicas da Pataca 2020
Por motivo do coronavirus, a Consellería de Medio Rural, viuse obrigada a suspender estas xornadas técnicas, xa que os produtores da Bretaña Francesa que tiñan previsto acudir para explicar a súa forma de traballar decidiron cancelar a viaxe como prevención, atendendo as recomendacións da súa orixe. A Consellería informará das novas datas destas xornadas. Ver Programa

NOVO SERVIZO: Tes dúbidas sobre como solicitar subvencións ao concello ou á Deputación?
Tes dúbidas sobre como solicitar subvencións ao concello ou á Deputación? O vindeiro día 17 de febreiro de 2020 un axente atenderá as túas dúbidas. Ven e pregunta o que necesites! Cita previa: 981.733.001

NOVO SERVIZO: Coñece a túa sede electrónica
Queres usar a oficina electrónica do teu concello e non sabes como facelo? Un axente estará o día 17 DE FEBREIRO no concello de Coristanco para atender as túas dúbidas. A sede de Coristanco é útil, é sinxela e contas con axuda para poder empregala. Ven e pregunta o que necesites!! Cita previa: 981.733.001