Xornada Técnicas da Pataca 2020

Por motivo do coronavirus, a Consellería de Medio Rural, viuse obrigada a suspender estas xornadas técnicas, xa que os produtores da Bretaña Francesa que tiñan previsto acudir para explicar a súa forma de traballar decidiron cancelar a viaxe como prevención, atendendo as recomendacións da súa orixe. A Consellería informará das novas datas destas xornadas. Ver Programa

Peche temporal biblioteca Municipal

  A Biblioteca Municipal de Coristanco pecha temporalmente por catalogación de ítems debido a súa incorporación na Rede de Bibliotecas públicas de Galicia . Para calquera dubida, póñase en contacto no teléfono 651.664.908.

Escola de avós e avoas educadoras

  Proximamente o Concello de Coristanco iniciará un programa dun punto de encontro para as avoas e os avós que se dedican ao coidado dos seus netos para compartir experiencias. A escola constaría de 10 sesións formativas sobre temas de actualidade como por exemplo cal é o papel dos avós e avoas, a problemática das novas tecnoloxías, as diferentes etapas da infancia, resolución de conflitos,…

NOVO SERVIZO: Coñece a túa sede electrónica

  Queres usar a oficina electrónica do teu concello e non sabes como facelo? Un axente estará o día 17 DE FEBREIRO no concello de Coristanco para atender as túas dúbidas. A sede de Coristanco é útil, é sinxela e contas con axuda para poder empregala. Ven e pregunta o que necesites!! Cita previa: 981.733.001