CONCURSO ESCAPARATISMO DE EXALTACIÓN DA PATACA 2021

  O Concello de Coristanco neste 2021 co obxecto de promover e apoiar ao comercio local e exaltar o noso produto por excelencia, pon en marcha unha iniciativa para mellorar a imaxe comercial dos establecementos e engalanar así o noso municipio nestas datas tan especiais. Premiaranse os escaparates mellor decorados en función de criterios artísticos, técnicos e comerciais, e valorarase a evocación de elementos identitarios…

DEPORTE CORISTANCO

  O vindeiro venres 3 de setembro, vén a desfrutar dunha Masterclass de Baile a cargo de Juana Garrochena Gonzalez na 📍Piscina da Rocheira, ás ⏰17,00h. ➡Será preciso a previa inscrición no teléfono ☎665 294 194 ou na entrada da piscina municipal. 🟢Apto para todos os públicos.

Cribado de poboación do Concello de Coristanco

  A Área Sanitaria da Coruña e Cee continúa realizando unha intensa actividade para buscar casos positivos de Covid-19. Xoves 5 de agosto pola tarde (15:30 a 19:45) terá lugar un cribado de poboación no Concello de Coristanco mediante unha proba de PCR a residentes de entre 16 e 25 anos. 📍O lugar elixido é o Centro de Saúde de Coristanco. Todos os veciños deste…