Formación: SOCORRISMO

  O vindeiro mes de febreiro, dende o Proxecto Coruña Suma do Concello da Coruña, dará comezo as formación de: Socorrismo en espazos acuáticos naturais (dous cursos, un en horario de mañá, 9:00-14:00, e outro en horario de tarde, 15:30-20:30). Estas formacións están abertas a persoas desempregadas con outros concellos de empadroamento. ➡️ Para persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego ➡️ Formación gratuíta…

Presentación: AS VOCES DAS MULLERES

  O Concello de Coristanco embarcase nun novo proxecto de TEATRO COMUNITARIO. As voces das mulleres é unha iniciativa que conta co apoio económico da Deputación da Coruña, na súa convocatoria dun programa de subvencións para entidades que se dediquen á produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia. AAntena desenvolverá o programa en tres concellos da Costa da Morte entre os que…

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN 2021/22

  Publicada a listaxe das axudas para a escolarización. A todos os/as solicitantes aos que lles foi concedida, nun prazo dun mes deberán presentar por rexistro de entrada no Concello de Coristanco as pertinentes facturas. Para máis información: 📞981 733 001 Consulta o anuncio AQUÍ

ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DAS BASES DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ASOCIACIÓNS CULTURAIS, DEPORTIVAS E ANPAS DO CONCELLO DE CORISTANCO

  Na sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Coristanco celebrada o 27 de decembro de 2021, aprobase inicialmente a Ordenanza reguladora das BASES DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ASOCIACIÓNS CULTURAIS, DEPORTIVAS E ANPAS do Concello de Coristanco. De conformidade co artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o citado acordo sométese a información pública polo prazo de…

OBRADOIROS DE NADAL

  Vén a construír o teu Nadal ao carón destes obradoiros infantís da man do Soldadiño de Chumbo. Con estas actividades, ademais das habilidades artísticas abordaremos contidos sobre a diversidade e a tolerancia, tecendo así unha ponte de comunicación que axude e apoie á inclusión social. 📅Días: 22,23, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2021 e 3 e 4 de xaneiro de 2022.…

ACTUALIZACIÓN DATOS COVID-19 | 30 de novembro

  Hoxe, 30 de novembro de 2021, segundo os datos facilitados, o noso municipio presenta 3 casos activos de Covid-19. Pedimos a toda a veciñanza precaución e o cumprimento estrito das medidas. Moito ánimo ás familias afectadas, esperamos se recuperen o antes posible. O envío do rexistro de afectados é de carácter semanal. Para consultar en calquera momento a situación do noso municipio, prema AQUÍ.…