Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2023/2024

  Queridas familias! Estamos a planificar as Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2023/2024. Esta folla axudaranos a ter unha estimación. Grazas a vosas respostas poderemos axustar as actividades extraescolares ao gusto de todos. Para facilitar a organización, e por tanto, atenderlles cun servizo de calidade, rogamos que marquen a/s actividade/s ás que opten para os seus fillos/as con orden de preferencia (sendo 1 para…

CULTURA | Este luns, ás 18h espectáculo “Unha Galaxia chea de Letras Galegas”

  Este luns, ás 18h, achégate a gozar de Caxoto Díaz Valle quen nos introducirá na súa Trastenda dos Contos co espectáculo “Unha Galaxia chea de Letras Galegas”. “Neste espectáculo para toda a familia, Caxoto mostra os seus coñecementos de Astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral…

VIII CERTAME ARTÍSTICO LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO

  Este certame convocase por iniciativa do Concello de Coristanco coa colaboración dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, CEIP Bormoio-Agualada e Cra A Tarandeira. Asunción Antelo converteuse nun referente artístico e literario grazas a súa gran bagaxe e legado cultural formado por innumerables obras de madeira, pedra e barro; e da que afloraron tamén ringleiras…

CAMPAMENTO CONCILIACIÓN VERÁN 2023

  Publícanse as listaxes provisonais de admisións e agarda para o campamento de conciliación do verán 2023. En base ao art. 84 lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ábrese un período de 5 días laborais para renuncia de praza ou formulación de alegacións. É dicir, teñen toda a semana próxima, de luns a venres, en horario de 9:30…

O vindeiro 15 de abril, o Concello de Coristanco desenvolverá un obradoiro sobre Autocuidado e saúde mental

PROMOCIÓN DA SAÚDE| O vindeiro 15 de abril, o Concello de Coristanco desenvolverá un obradoiro sobre Autocuidado e saúde mental. En presente coa nosa saúde, unha nova proposta que xorde do interese espertado en abordar a temática do autocuidado e a saúde mental en profundidade. Desde un enfoque práctico, a psicóloga Susana Carro aportaranos as estratexias e os recursos para estar en calma no presente…

Subvencións destinadas a Comisión organizadoras de Festas Patronais e populares

  COMISIÓN ORGANIZADORAS DE FESTAS PATRONAIS E POPULARES Aprobación das Bases reguladoras e procedemento de convocatoria de subvencións destinadas a Comisión organizadoras de Festas Patronais e populares para a contratación de orquestras. Poderán ser beneficiarios das subvencións ao amparo das presentes bases as comisións de festas patronais e populares para a contratación de orquestras que cumpran os seguintes requisitos: a) Dispor de personalidade xurídica e…