Programa Enrédate

A Asociación ACADAR, en colaboración co Concello de Coristanco, pon en marcha o Programa Enrédate, un servizo gratuíto no que se desenvolverán diversos talleres e obradoiros dirixidos cara a reflexión crítica e o debate das persoas participantes mediante o uso de materiais prácticos e audiovisuais.   Para máis información consulten co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Coristanco.    

Xornada Técnicas da Pataca 2020

Por motivo do coronavirus, a Consellería de Medio Rural, viuse obrigada a suspender estas xornadas técnicas, xa que os produtores da Bretaña Francesa que tiñan previsto acudir para explicar a súa forma de traballar decidiron cancelar a viaxe como prevención, atendendo as recomendacións da súa orixe. A Consellería informará das novas datas destas xornadas. Ver Programa

Escola de avós e avoas educadoras

  Proximamente o Concello de Coristanco iniciará un programa dun punto de encontro para as avoas e os avós que se dedican ao coidado dos seus netos para compartir experiencias. A escola constaría de 10 sesións formativas sobre temas de actualidade como por exemplo cal é o papel dos avós e avoas, a problemática das novas tecnoloxías, as diferentes etapas da infancia, resolución de conflitos,…

ANUNCIO EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA 2020

ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA 2020 ANUNCIO EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA 2020 Segundo o artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, que establece a consulta das listas electorais nos concellos o prazo de exposición pública do Censo Electoral será do 17 ao 24 de febreiro, período no que calquera persoa pode presentar unha…