Álbum do recordo para paliar a falta de celebracións e actos do que sería a nosa 40º Edición da Festa da Pataca

Estes próximos días de setembro serán moi estraños e atípicos. Nestas datas, Coristanco estaría gozando dos últimos preparativos para os seus grandes días e degustando o noso produto nos establecementos locais. Non cabe dúbida algunha que as nosas rúas botarán en falta o desfile de tractores engalanados, os xogos populares, a gastronomía, as actuacións, a música e a algarabía que puidemos desfrutar en pasadas edicións…

Bases para a contratación de 4 operarios dentro do programa de integración laboral mediante execución de obras e sevizos mínimos municipais da Deputación da Coruña 2020, PEL-Concellos.

  Bases para a contratación de 4 operarios dentro do programa de integración laboral mediante execución de obras e sevizos mínimos municipais da Deputación da Coruña 2020, PEL-Concellos. Xa están publicadas as bases reguladoras para a contratación de 4 prazas de operarios de servizos mínimos, PEL- Concellos 2020, no BOP nº 149 do día 10/09/2020 Prazo de presentación solicitude é dende 11/09/2020 – 16/09/2020 (4…

Bases para a contratación de 1 praza de persoal laboral temporal de xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

  Bases para a contratación de 1 praza de persoal laboral temporal de xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais Xa están publicadas as bases reguladoras para a contratación de 1 xefe de brigada para a cuadrilla de incendios, no BOP nº149 do día 10/09/2020 Prazo de presentación de solicitudes é dende 11/09/2020 – 16/09/2020 (4 días hábiles). Ver BASES      …

Bases para a contratación de 4 prazas de persoal laboral temporal de peón de brigada de prevención de defensa contra incendios forestais

  Bases para a contratación de 4 prazas de persoal laboral temporal de peón de brigada de prevención de defensa contra incendios forestais (3 prazas de peón de brigada e 1 praza de peon conductor). Xa están publicadas as bases reguladoras para a contratación de peóns para a cuadrilla de incendios no BOP nº149 do día 10/09/2020 Prazo de presentación de solicitudes é dende 11/09/2020…

Remata o prazo das axudas para a escolarización que promove o Concello

Recordamos que o vindeiro xoves 3 de setembro remata o prazo para a solicitude de axudas para a escolarización que promove o Concello de Coristanco para o curso 2020/2021. As solicitudes poderán facerse de xeito telemático a través da Sede Electrónica Municipal (www.coristanco.gal) ou de xeito presencial nas Oficinas Xerais, previa cita no 981.73.30.01. Podes ler as bases e descargar a Solicitude de axudas para a…

Suspensión Festa da Pataca 2020

  Como cada ano, a terceira fin de semana de setembro tería que celebrarse a Festa da Pataca, este ano na súa 40 edición. Tratouse de pospoñer todo o posible a decisión de celebrar ou non a edición tan especial deste ano, mais valorando a situación actual e a negativa evolución dos últimos días en relación á pandemia de COVID-19, decídese suspender a organización de…