LOLI ESPAÑA: A SINSOMBREIRO. NIN UNHA CADEIRA MÁIS BALEIRA

  Loli España ofrecerá unha presentación en #Coristanco o xoves 25 de novembro, no marco das actividades programadas dentro da campaña ‘Nin unha cadeira baleira’. Na conferencia que se ofrece baixo o nome de ‘A sinsombreiro’, Loli rescatará e honrará a memoria dunha das mulleres máis prestixiosas da intelectualidade española do século XX, que durante moitos anos foi privada do recoñecemento que merecía. As “sinsombreiro”…

DEFENSA PERSOAL – Nin unha cadeira máis baleira

  O Concello de Coristanco, enmarcado no programa #ninunhacadeiramáisbaleira que se desenvolve un ano máis durante o mes de novembro, organiza a Masterclass de defensa persoal impartida por Daniel Antelo, Instructor Internacional de Krav Maga TML. Durante a formación as participantes adquirirán nocións básicas de actuación ante unha posible agresión ou ataque. Día: 24 de novembro de 2021 Hora: ás 18h e ás 19h. Lugar:…

Noelia Rial Muiño no concurso “Recantos” do programa LUAR

  ARTISTAS LOCAIS | Este venres 12 de novembro, a nosa veciña Noelia Rial Muiño , compite representando á comarca de Bergantiños no concurso “Recantos” do programa LUAR (Páxina oficial) da Televisión de Galicia. Dende o Concello de Coristanco queremos desexarlle moita sorte na súa actuación e amosarllelo noso orgullo e apoio. #recantos #recantosluar #tvg #recanteirabergantinos #recanteirasbergantiños #artistascoristanco

NIN UNHA CADEIRA MÁIS BALEIRA 2021

  Presentamos o programa de actividades que organiza o Concello de Coristanco en torno ao 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Nin unha cadeira máis baleira, este é o lema da campaña coa que o Concello de Coristanco pretende sensibilizar e concienciar a poboación sobre a necesidade de unirse contra a violencia de xénero. Faino cunha premisa que…

RUTA CULTURAL 13 DE NOVEMBRO

  Propoñémosvos un percorrido a través do tempo e o espazo para desfrutar en familia do noso patrimonio cultural. O vindeiro 13 de novembro, o Concello de Coristanco en colaboración co Instituto de Estudos Bergantiñáns, organiza a Ruta polo Chan da Embarrada e a parroquia de Ferreira guiada a través dos autores da obra que tivemos o pracer de presentar o pasado setembro. Seguindo as…

Escola de Familias

  A Asociacion Vieiro en colaboración co Concello de Coristanco a ESCOLA DE FAMILIAS co obxecto de formar e informar a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar á hora de desenvolver a súa faceta educadora. Trátase dunha formación gratuíta impartido por educadoras e psicólogas de Vieiro que se levará a cabo no Edificio de Servizos Múltiples. 📅 Día: todos os Luns. ⏰ Hora: 19.00-20.30h…