A Deputación da Coruña achéganos a Campaña da Neve 2022 na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 12 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021).

Ó Concello de Coristanco concedéronlle 5 prazas na 1ª quenda (14/01/22 ao 17/01/22) para rapaces e rapazas empadroados/as no noso Concello. As inscricións para participar na Campaña de Neve 2022 entregaránse na Biblioteca Municipal de forma presencial ou a través do correo electrónico biblioteca@coristanco.gal do 30 de novembro ó 14 de decembro 2022, ás 14:00 horas.

Terán preferencia os/as rapaces/as que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación Provincial. No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público no Salón de Plenos da Casa do Concello, ás 13:30 horas do xoves 16 decembro 2021, e avisarase por teléfono os/as admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.

A cota de participación é de 85€ (oitenta cinco euros), que non será aboada ata confirmación de praza. O transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, está incluído na oferta; os puntos da comarca onde se efectuará a recollida notificaranse con suficiente anticipación.

DESCARGA O FOLLETO E O FORMULARIO DE INSCRICIÓN AQUÍ