
A Deputación Provincial da Coruña abre o prazo para que nenos e nenas da provincia se apunten aos campamentos deportivos de verán que se levarán a cabo do 14 ao 19 de xullo.
As inscricións poderanse realizarse ata o 28 de maio por sede electrónica ou o rexistro municipal.
Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos (nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015) e desenvolveranse no IES Rosalía Mera, situado na cidade da Coruña. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, aloxamento e manutención, así como o custo das actividades.
Ao noso municipio lles foi concedido dispor de 4 prazas. En caso de ter máis inscripcións que prazas, realizarase un sorteo público para establecer a concesión.
Para máis información:
Telf: 651 664 908 (Departamento de Cultura)
DESCARGAR FICHA DE INSCRICIÓN