Toman o seu inicio os Campamentos que a Xunta de Galicia organiza, que integrará diferentes actividades cunha duración de unha semana e outros de 15 días de duración durante os meses de xullo e agosto.

REQUISITOS

  • Poderán optar a eles as familias con fillos nados entre os anos 2002 e 2011.
  • Os campamentos están dirixidos a nenos galegos residentes en Galicia.
  • Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade infecto contaxiosa en fase activa nin trastorno.
  • Ningún participante poderá ser admitido en máis dun campamento por ano.

PRAZO

O prazo para soliticitar prazas será do 16 ao 25 de xuño de 2020.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do seguinte formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Unha vez saian as listaxes de aceptados, terán un prazo de 15 días naturais para presentar a seguinte documentación:

  • Xustificante de pago.
  • Fotocopia do DNI do menor ou do libro de familia.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado do menor.
  • Cuestionario de saúde e autonomía persoal, https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/21310356
  • Declaración responsable de que sabe nadar.