O Concello de Coristanco oferta unha interesante e atractiva opción de campamento xuvenil de surf con pernoctación do 20 ao 25 de xullo, nun albergue xuvenil na contorno de Razo. Este campamento incluirá pensión completa, taboa e traxe de surf para os participantes, prácticas de surf diarias, yoga, veladas nocturas, xogos na praia, obradoiros e actividades como longskate, volei praia, sendeirismo, slackline…

  • Prazas: 30
  • Mozos e mozas: de 9 a 16 anos
  • Preinscrición: do 31 marzo ao 11 de abril de 2025
  • Lugar de tramitación: Preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica Municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello.

Descargar ANEXO (Formulario solicitude)

Para máis información: 981 733 280
Ou consulta a ligazón AQUÍ