
Dáse publicidade á listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no Campamento de verán 2021 do Concello de Coristanco para promover a conciliación da vida familiar e laboral, así como a listaxe de agarda para realizar os chamamentos nos casos de renuncia dalgunha das persoas admitidas.
VER LISTAXE
📍Dispoñen dun prazo de 📆 5 días laborais a contar dende mañá, para formular alegacións, confirmar ou presentar renuncia a praza, mediante solicitude disposta ao efecto nas dependencias da 🏫Biblioteca pública municipal.
Para máis información:
☎ 651 664 908
📧 biblioteca@coristanco.gal