Observar, experimentar e reflexionar sobre o que nos proporciona a nosa contorna natural, esta é unha das principais premisas sobre as que se asenta o Campamento Kennebec. Un ano máis, o Concello de Coristanco organiza estas xornadas nas que os nenos e nenas poderán achegarse á horta, cheirando, tocando, degustando, escoitando e admirando, observando os diferentes beneficios das plantas, manipulando a terra, seleccionando sementes de tempada, regando, ata chegar ao momento máis sorprendente de descubrir a apreciada pataca baixo a terra.

Do 2 ao 13 de setembro, recrearémonos entre as producións pataqueiras para descubrir as súas diferentes formas, follas, cores, mesmo degustar os seus ricos froitos.

HORARIOS:
– 2/09 ao 10/09 de 09:00h a 14:00h.
– 11/09 ao 13/09 de 15:00h a 20:00h.

PARTICIPANTES:
Nenos e nenas de 3 a 12 anos.

PREINSCRICIÓN:
Presencialmente na Oficina de Cultura e Biblioteca Municipal do Concello de Coristanco en horario de 9.30 a 13.30h. Prazo do 13 ao 23 de maio.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
651 664 908 (Departamento de Cultura)

> Accede ás bases da convocatoria AQUÍ