Campamento de Nadal 2025/2026 en Coristanco: “Un feitizo no bosque”

O Concello de Coristanco pon en marcha unha nova edición do Campamento de Conciliación de Nadal, unha proposta chea de maxia, aventuras e aprendizaxe para nenos e nenas de 3 a 16 anos.

  • Datas: 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026
  • Lugar: Centro Interxeracional da Rocheira
  • Horario: de 9:00 a 14:00h
  • Idades: de 3 a 16 anos
  • Prazas: 50 (por orde de criterios de baremo)
  • Cota: 20 € por participante
  • Prazo de inscrición: do 29 de outubro ao 6 de novembro de 2025.

A inscrición deberá facerse preferentemente a través da Sede Electrónica municipal: sede.coristanco.gal.

Este campamento combina xogo, deporte, natureza e creatividade, fomentando valores como a igualdade, o respecto ao medio ambiente, o uso do galego e os hábitos saudables. Unha oportunidade única para que os máis pequenos desfruten das vacacións de Nadal aprendendo e compartindo.

> Máis información e bases completas dispoñibles na Sede Electrónica do Concello de Coristanco ou AQUÍ.

Descarga á solicitude AQUÍ