Este 31 de marzo de 2025 ábrese o prazo para realizar a preinscrición no Campamento de Conciliación de Verán do Concello de Coristanco co obxectivo de ofertar unha interesante e atractiva opción de conciliación de período estival; aprender xogando e convivindo cos demais e co entorno que nos rodea, descubrindo no deporte e na natureza as mellores fontes de ocio.

> Máis información AQUÍ 

  • Prazo de preinscrición: do 31 de marzo ao 11 de abril de 2025
  • Nº de prazas: 50 prazas/quenda
  • Idades: de 3 a 16 anos
  • Lugar de tramitación: Preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica Municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello.

Teléfono: 981 733 280

Descargar ANEXO (Formulario solicitude) 

NOTA: Para acceder ao conxunto de propostas (campamentos, madrugadores, aula lúdica, actividades extraescolares… ) será indispensable estar adscrito a este programa municipal.

Para acceder á SOLICITUDE ao programa Xermolar, preme AQUÍ.

Para máis información, preme AQUÍ.