Dáse publicidade á listaxe provisional de persoas admitidas no Campameto de verán 2022 do Concello de Coristanco para promover a conciliación da vida familiar e laboral, así como a listaxe de agarda para realizar os chamamentos nos casos de renuncia dalgunha das persoas admitidas.
Dispoñen dun prazo de 10 días laborais a contar dende mañá para formular alegacións ou presentar renuncias á praza, mediante solicitude disposta para o efecto nas dependencias da Biblioteca pública municipal ou ben mediante descarga na web municipal e remitila por correo electrónico.