O Concello de Coristanco abre este luns, 28 de outubro, o prazo de preinscrición para as actividades de conciliación de nadal do programa Xermolar en Coristanco, co obxectivo de ofertar unha interesante e atractiva opción de conciliación do NADAL 2024; aprender xogando e convivindo cos demais e co entorno que nos rodea, descubrindo no deporte e na natureza as mellores fontes de ocio.

  • O campamento está destinado ás nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e 16 anos.
  • Será requisito para acceder ao servizo estar inscrito no Programa de Conciliación Xermolar e empadroado no concello de Coristanco e/ou matriculado/a nun centro escolar do Concello de Coristanco.
  • Disporase dun total de 50 prazas.
  • O lugar de realización será no Polideportivo Municipal de Coristanco.
  • O servizo prestarase de luns a venres en horario de 9h a 14h(23,26,27e 30 de decembro de 2024 e 2,3 e 7 de xaneiro de 2025).
  • As solicitudes faranse segundo o modelo oficial que figura como Anexo I destas bases e presentarase preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial no rexistro xeral do Concello.
  • Farase unha solicitude individual por cada neno/a aínda que pertenzan á mesma unidade familiar.
  • Fíxase un prazo de prescrición dende o 28 de outubro ao 8 de novembro de 2024.
  • Fíxase un pazo de renuncias de 10 dias hábiles, dende o día seguinte á publicación da listaxe de admitidos.
  • Unha vez rematado o prazo de renuncias, publicarase a listaxe definitiva e listaxe de agarda. O día seguinte desta publicación, os admitidos terán un prazo de 5 días para a formalización da inscrición e o pago da taxa correspondente.

Máis información AQUÍ

Descargar formulario AQUÍ