Caducidade do Documento Nacional de Identidade (DNI)

Queda prorrogada por un ano, ata o día 13/03/2021, a validez do documento nacional de identidade (DNI) das persoas maiores de idade titulares dun documento que caduque dende a data de entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A prórroga da validez do documento nacional de identidade permitirá que poidan renovarse, conforme ao procedemento actual, os certificados recoñecidos incorporados ao mesmo por igual período.

(Disposición adicional cuarta do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 ).