DEPUTACIÓN DA CORUÑA| Botou a andar un ano máis a campaña SER E SENTIR! impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña cunha programación que volve mesturar contidos en liña e actividades presenciais. Aquí vos achegamos a programación.
A actividade “A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro”, está orientada
á cativada de 5 a 7 anos e será impartido pola educadora social e sexóloga Sabela Maceira que visitará un total de 15 concellos da nosa provincia, entre eles Coristanco.