
Esta mañá demos comezo ao Obradoiro de Técnicas de Estudo, unha iniciativa pensada para axudar ao noso alumnado de 4º de Primaria a 4º da ESO a mellorar os seus hábitos de estudo, potenciar a súa comprensión e aprender técnicas eficaces para organizarse.

Traballamos co primeiro bloque: Planificación e organización, afondando na xestión do tempo, a preparación do espazo de estudo e as rutinas que favorecen o rendemento académico.
Con Lara Caamaño e Isabel García ao fronte, os rapaces/as gozaron dunha sesión práctica, dinámica e chea de ferramentas útiles que continuarán a desenvolver mañá.
Desde a Biblioteca Municipal seguimos apostando por levar formación de calidade ao rural, demostrando que en Coristanco tamén se pode medrar, aprender e construír futuro.
Seguiremos compartindo máis momentos desta experiencia formativa única!
#BibliotecaCoristanco #EstudarÉPoder #TécnicasDeEstudo #CoristancoAprende #ApostamosPoloRural #EducaciónNoRural #XuventudeFormada #VeránConSentido
