Presentación do libro de Luis Ángel Bermúdez sobre Santa Eulalia de Castro

 

A Biblioteca Municipal de Coristanco acolle o vindeiro venres 2 de Maio a presentación do libro de Luis Ángel Bermúdez sobre Santa Eulalia de Castro.

A Biblioteca Municipal de Coristanco será o escenario este da presentación do libro Santa Eulalia de Castro: Historia dunha parroquia no corazón de Bergantiños, da autoría do investigador e divulgador Luis Ángel Bermúdez.

O acto dará comezo ás 19.30h e estará aberto ao público ata completar aforo.

Neste traballo, Bermúdez afonda na rica historia da parroquia de Santa Baia de Castro, un enclave que representa un valioso testemuño do patrimonio relixioso, artístico e social da comarca de Bergantiños. A través dunha coidada investigación, o autor reconstrúe a evolución desta parroquia dende os seus orixes, prestando especial atención á súa igrexa barroca, construída en 1680, e ao papel central que xogou na vida comunitaria ao longo dos séculos.

Luis Ángel Bermúdez é coñecido polo seu compromiso coa posta en valor do patrimonio local e por ser unha das voces máis destacadas na defensa do legado artístico e espiritual das igrexas da contorna. Tal e como el mesmo recoñece, foi precisamente o templo de Santa Baia de Castro o que lle espertou, en idade moi temperá, a paixón polo estudo do arte sacro galego.

Entrada libre e gratuíta.

Para máis información: Biblioteca Municipal de Coristanco
Tel. 981 733 280