
“O ECO DAS PEDRAS” chega á Biblioteca Municipal de Coristanco. Este vindeiro venres, convidámosvos a un espectáculo no que, a través das narracións, obxectos e proxeccións, achegarémonos ao noso patrimonio e mitoloxía galega.
👉 Venres, 31 de outubro ás 11:30h
👉 Biblioteca Municipal de Coristanco
👉 Actividade dirixida a público familiar e a nenas e nenos a partir de 5 anos.
Un espectáculo que nos invita a escoitar ás pedras, a descubrir os petroglifos e a revivir os contos e lendas que nos fixeron como somos.
📌 Inscrición previa necesaria:
📞 981 733 280
📍 Biblioteca Municipal de Coristanco
Un encontro para mergullarse no noso patrimonio, escoitar ás mouras e trasnos, e viaxar a través das historias que seguen vivas nas pedras.
