Debido á situación na que nos atopamos non podemos festexar a nosa lingua como nos tería gustado.

Pero que mellor data que o Día das Letras Galegas para presentar o Logotipo da Biblioteca de Coristanco deseñado e cedido pola autora local Loli España co lema “Navegando por un mar de libros”. ⛵️📔

Ademais de todas as novidades que nos esperan na nosa Biblioteca, Coristanco acaba de integrarse no Catálogo de Bibliotecas Públicas de Galicia cun novo sistema de xestión bibliotecaria que permite mellorar o servizo para os usuarios e usuarias de cada biblioteca e da Rede en xeral ao crearse un catálogo único accesible a través da web

https://rbgalicia.xunta.gal/

Estamos finalizando cos últimos preparativos co deseño de protocolos específicos para ofrecer un espazo seguro para os usuarios. Lembramos, que se mantén ó servizo de atención a través do:

📧 Correo Electrónico: biblioteca@coristanco.gal
☎️ Teléfono: 651 66 49 08