
Un obradoiro creativo onde a maxia e a imaxinación cobran vida. As nenas e nenos aprenderán a facer xogos de maxia e a crear os seus propios trucos, seguindo a filosofía maker.
🪄 O proxecto está creado por Daniel Ares, mago e escritor da obra “Crónicas del mago errante“.
🗓 Sábado 31 de xaneiro
📍 Biblioteca Municipal de Coristanco
⏰ Horarios:
11:00–12:00 h · 8 a 10 anos
12:00–13:00 h · 11 e 12 anos
📌 Prazas limitadas
✅ Requisitos: estar empadroado/a ou cursar estudos nun centro do municipio
📞 Inscricións: 981 73 32 80 ou de forma presencial na Biblioteca
✨ A verdadeira maxia está nas túas mans. Sorprende, crea e imaxina ✨
