Presentamos o proxecto GREEN Education de Edp Renewables co acceso a alomenos unha beca para escolares ao que poderán acceder os nenos e nenas nos seguintes bloques:

  • Ensinanza infantil, primaria e secundaria: importe unitario bruto de 500 €
  • Bacharelato e Formación Profesionalizar: importe unitario bruto de 1.000 €
  • Ensinanza Universitaria: importe unitario bruto de 2.000€

Para dita atribución deberase entregar en man ou enviar ao concello a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude Descargar aquí
  • Carta do candidato explicando de forma resumida por que motivo solicita a beca
  • Fotocopia do libro de famila
  • Fotocopia do certificado de estudos do curso anterior ónde se reflexen as notas obtidas polo cantidato
  • Fotocopia da matrícula na escola/universidade para o curso 2021/2022
  • Fotocopia da declaración da renda dos pais de 2020 ou documento que probe os ingresos obtidos o pasado ano.

Prazo inicial ata o 2 de novembro.

LER INFORMACIÓN COMPLETA

Para máis información:
Email: biblioteca@coristanco.gal
Teléfono: 651 664 908