
BASES XERAIS PARA A SELECCIÓN DE TRABALLADORES DENTRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (PELConcellos 2026)
É obxecto destas bases regular o procedemento para a selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en Réxime Laboral, conforme ás Bases reguladoras das axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia (PELConcellos 2026), incluídas na liña 1.1 do plan de emprego local.
O número de traballadores, laboral temporal, a contratar será o que se indica a continuación, de conformidade co disposto nas bases:
- 3 Peóns de servizos básicos, por un prazo de duración o contrato de oito (8) meses dende a contratación, na modalidade de contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción a xornada completa na administración local (contrato 403)
As áreas nas que se destinaran serán as seguintes:
- Servizo de accesos aos nucleos de población e pavimentación de vías urbanas.
