Hoxe procedeuse á publicación das bases do Programa de Conciliación Xermolar. Con esta proposta pretendemos incentivar a posta en práctica de actividades que contribúan de maneira real á conciliación da vida persoal, familiar e laboral de mulleres e homes do municipio, ademais de fomentar a sensibilización en materia de corresponsabilidade.

As familias poderán solicitar a entrada das crianzas neste conxunto de servizos como recurso para a harmonizar e equilibrar a súa vida persoal e profesional. Neste espazo promoverase a igualdade de xénero a través de actividades inclusivas onde non se perpetúen os estereotipos e se elimine calquera prexuízo de xénero.

Para acceder ao conxunto de propostas (campamentos, madrugadores, aula lúdica, actividades extraescolares… ) será indispensable estar adscrito a este programa municipal.

Para máis información preme AQUÍ

DESCARGAR SOLICITUDE