JUAN CARLOS GARCÍA POSE, alcalde do concello de Coristanco

Fai saber:

Que a Deputación concede unha subvención a este concello denominado Plan de Obras e Servizos do 2021, dentro do que están as actuacións de reurbanización do vial no lugar da Igrexa (Xaviña) e na zona de Avieira (Oca).

Estes proxectos teñen por obxecto a realización de obras de mellora na urbanización existente, dotando ó vial dunha zona peonil para mellorar o grao de humanidade do núcleo rural, no acceso a Igrexa de Xaviña e no acceso a Oca.

Pola presente comunícase ós veciños/as involucrados nestes proxectos que:

O vindeiro xoves día 2 de decembro, as oito da tarde (20:00 p.m), no edificio da área recreativa da Rocheira, convocarase unha segunda reunión informativa cos técnicos de ditos proxectos.

VER BANDO