Publicadas as bases reguladoras das axudas para a escolarización de menores para o curso 2021-2022, que poderá beneficiar a escolares que cursen estudos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos Centros de Ensino público no termo municipal de Coristanco.
📍REQUISITOS:
➡O menor debe estar empadroado no Concello de Coristanco.
➡Non se deben superar o límite de ingresos (consultar bases, terceiro punto)
📅PRAZO
10 días hábiles a contar a partir do seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP.
📄SOLICITUDES
➡De xeito telemático a través da Sede Electrónica municipal (www.coristanco.gal)
➡De forma presencial, no Edificio de Servizos Múltiples.
Podes ler as bases e descargar a Solicitude de axudas para a escolarización de menores do Concello de Coristanco aquí: Solicitude Axudas Escolarización
Ou ben, achegarte á Biblioteca Municipal ou Departamento de Servizos Sociais para solicitar máis información ou realizar a tramitación de dita axuda.