Aprobación das bases reguladoras das axudas á escolarización de menores do Concello de Coristanco para o curso 2024-2025 para todos os escolares que durante o ano 2024-2025, cursen estudos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos Centros de Ensino Público no termo municipal de Coristanco.

GASTO SUBVENCIONABLE:

  • -Libros escolares. Tratarase tanto de aqueles libros de texto destinados a estudo, como daqueles outros determinados como de lectura obrigatoria polos distintos centros de ensino radicados no termo municipal de Coristanco.
  • -Material escolar. Entenderase por material escolar todo aquel que, non se tratando do contido do apartado anterior, sexa necesario e imprescindible que os menores acheguen para o desenrolo habitual das clases.
  • -Roupa deportiva. Entenderase por roupa deportiva aquela destinada única e exclusivamente á práctica de exercicio físico, nomeadamente chándales, camisetas deportivas, pantalóns de deporte e calcetíns deportivos.
  • -Calzado deportivo. Entenderase por calzado deportivo aquel destinado única e exclusivamente á práctica do exercicio físico requirido nas actividades ordinarias dos colexios, nomeadamente tenis.

En vindeiras datas daremos difusión á apertura de prazo para a realización das solicitudes.

Para máis información: 981 733 001