Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal n.º 15, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello de Coristanco
ANUNCIO
O Pleno do Concello de Coristanco, na súa sesión ordinaria do 26 de setembro de 2019, aprobou inicialmente a modificación da “Ordenanza fiscal n.º 15, reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica”.
En cumprimento do disposto no artigo 17 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o expediente exporase ao público polo prazo de trinta días hábiles na Secretaría municipal. O devandito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que apareza publicado este Edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán ir dirixidas ao alcalde-presidente.
No caso de non presentárense reclamacións, considérase a ordenanza definitivamente aprobada sen necesidade de novo acordo plenario.
Do que dáse traslado aos efectos oportunos.
Documento asinado electrónicamente (Lei 39/2015) por JUAN CARLOS GARCÍA POSE, alcalde do Concello de Coristanco, en Coristanco a 4 de outubro de 2019.
2019/8046
> Enlace ao anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña