
Con motivo da celebración o 7 de abril de 2020 do Día Mundial da Saúde estaba posta en marcha o “Proxecto “Besbello”, unha campaña municipal en pro da saúde e dos bos hábitos alimenticios que tiñamos pensado levar a cabo durante os meses de marzo e abril.
Debido a gran crise sanitaria que está tendo lugar nestes tempos, viuse aprazado este proxecto que pretendía abarcar diferentes sectores da localidade. Esta data cobra especial importancia debido ao COVID-19 🦠 contra o que estamos loitando, guerra que sen dúbida ganaremos grazas ao esforzo de tod@s. 💪