O próximo mércores 1 de xullo, o Concello de Coristanco procede a apertura da piscina municipal da Rocheira, este ano con modificacións e condicións atípicas. A crise sanitaria supón a necesidade de adaptar as actividades extremando as precaucións e normas hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades competentes. Coa finalidade de adaptar a actividade de piscina a nova normalidade, vémonos na obriga de modificar a súa dinámica tradicional polo que:

    • O aforo total da instalación será de 50 persoas.
    • Para o acceso será imprescindible facerse socio da instalación.
    • Obriga de toma de temperatura antes do acceso a instalación.
    • O tempo de uso da instalación será de 45 minutos
    • Queda prohibido o uso de vestiarios.
    • Será obrigatorio o uso de gorro e recomendarase o uso de gafas.

Para formalizar a inscrición deberase presentar o formulario debidamente cuberto no primeiro andar do Edificio de Servizos Múltiples en horario de 8 a 14h.

PDF_Logo Documento Informativo (ler antes de cubir o formulario de inscrición) 

PDF_Logo FORMULARIO

PDF_Logo Normas para uso da piscina    PDF_Logo Protocolo COVID actividades verán

Para máis información ou para a consulta de posibles dúbidas contactar con:

biblioteca@coristanco.gal
651.66.49.08
665.29.41.94