Coincidindo cun día soleado e co verán xa ás portas, anunciamos con entusiasmo a apertura da Piscina Municipal da Rocheira para a tempada estival. A instalación abrirá as súas portas ao público a partir do 1 de xullo e permanecerá en funcionamento ata o 31 de agosto, en horario continuo de luns a domingo, de 15:00 a 20:30 horas.

CARNÉ DE USUARIO: As persoas interesadas deberán tramitar o carné de maneira presencial na Biblioteca Municipal, cubrindo o formulario correspondente e abonando previamente a taxa establecida. Unha vez completado o proceso, o carné poderá recollerse tamén na propia Biblioteca, dentro do seu horario habitual.

ENTRADAS: Os pagamentos realizaránse unicamente mediante tarxeta bancaria na entrada da instalación.

Convidamos a toda a veciñanza e aos visitantes a gozar deste espazo de lecer e benestar durante os meses de verán. A Piscina da Rocheira volve a ser punto de encontro e refresco para todas e todos.

Agardámosvos!

> Máis información AQUÍ

VER NORMAS (pdf)

DESCARGAR SOLICITUDE CARNÉ DE USUARIO (pdf)