
O próximo luns 28 de xuño, o Concello de Coristanco procede a apertura da piscina municipal da Rocheira en horario de luns a venres de 15h a 19h e en fin de semana de 12h a 19h. Coa finalidade de adaptar a actividade de piscina a nova normalidade, vémonos na obriga de modificar a súa dinámica tradicional polo que:
- O aforo total da instalación será de 102 persoas (quedando o aforo do vaso grande en 84 e o vaso pequeno en 18 persoas)
- Poderá acceder á instalación co carné de socio ou entrada individual e días soltos
- Poderase facer uso de vestiarios cun aforo de 3 persoas por vestiario.
- Será obrigatorio o uso de gorro e recomendarase o uso de gafas.
- A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas, e elementos similares nas zonas de estadía das piscinas levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto aos outros usuarios.
- Respectarase o límite máximo de 15 persoas por grupo.
- Será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos nas piscinas, así como o uso de vestiarios salvo nas duchas.
ADAPTACIÓN Á NORMATIVA VIXENTE (COVID)