Detectados uns erros de transcrición no anuncio publicado onte, vólvese a dar publicidade á convocatoria.
Por parte deste Concello vaise proceder á contratación en réxime de laboral interino, xornada completa, de unha praza de Axente de emprego e desarrollo local, con carácter urxente e con arranxo ao establecido na ORDE do 5 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á convocatoria para o ano 2016.
Titulación requirida: Diplomado/licenciado ou equivalente nas áreas de coñecemento de: económicas, ADE, socioloxía, dereito, ciencias políticas e da administración, empresariais, relacións laborais, enxeñería de montes, enxeñería agrónoma ou enxeñería técnica forestal.
Prazo de presentación de instancias: ata o luns 26 de decembro, ás 13:00 para inscribirse coma demandante de emprego (coma demandante ou mellora de emprego ) nas Oficinas do Servizo Público de Emprego en postos de traballo como o ofertado. O Concello solicitará con arranxo á orde o luns 26 de decembro ás 13:00 horas oferta de emprego na oficina pública de emprego do Servizo Público de Emprego de Carballo. E ese mesmo luns publicarase a listaxe de admitidos, abrirase un prazo para presentación de titulación e méritos e fixaranse os exames para o xoves 29 de decembro de 2016, ás 10:30 horas.
Duración do contrato: dende a sinatura ata a reincorporación do titular.
En Coristanco, a 23 de decembro de 2016.
O Alcalde,
Amancio Lavandeira Suárez