Na sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Coristanco celebrada o 27 de decembro de 2021, aprobase inicialmente a Ordenanza reguladora das BASES DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ASOCIACIÓNS CULTURAIS, DEPORTIVAS E ANPAS do Concello de Coristanco.
De conformidade co artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o citado acordo sométese a información pública polo prazo de trinta días, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña.
Durante o dito prazo o expediente estará exposto ás persoas interesadas nas dependencias da Casa Consistorial sita na Avda. Fisterra, 112, 15147, Coristanco, A Coruña para que poidan formular as reclamacións ou suxestións que estimen pertinentes.
Co mesmo fin, estará a dispor das ditas persoas interesadas no taboleiro de anuncios e edictos do Concello de Coristanco, a través da sede electrónica municipal.
No caso de non presentarse reclamacións nin suxestións dentro do referido prazo, entenderase definitivamente adoptado o acordo de aprobación da dita ordenanza ate entón provisional.